CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS
NO BORDO LITORAL



Info.


O proxecto Arquitectura Límite revisa e debate sobre o potencial do patrimonio arquitectónico industrial e as paisaxes industriais situados ao longo da costa da provincia da Coruña. Para tal fin, preséntase un inventario xeral de bens, do que se destaca unha escolma con exemplos presentados mediante fotografías e un pequeno análise de cada un, así como a realización de composicións en 3D que axuden a comprender mellor a súa estrutura e a súa adecuación á contorna.

O obxectivo de resaltar esta selección de inmobles é facer fincapé na súa singularidade; no seu valor histórico e arquitectónico e na importancia da súa conservación e difusión, contribuindo a evitar o seu deterioro ou desaparición. A toma de fotografías cun vehículo aéreo non tripulado pretende reforzar de xeito visual, cunha estética moi coidada, a idea principal do proxecto, é dicir, afondar no análise das arquitecturas industriais que se sitúan no bordo costeiro, como se axeitan ao territorio, onde o mar o condiciona todo, ao tempo que se ofrece unha perspectiva novedosa de difundir o patrimonio neste tipo de proxectos culturais.  


Fotografías ︎︎︎ David García-Louzao























DESEÑO E CONCEPTO VISUAL: NOVAGARDA










︎︎︎

Desde Arquitectura Límite quere ofrecerse aos máis pequenos, ás familias e aos docentes de distintos ámbitos da educación a posibilidade de achegarse ao patrimonio industrial da costa coruñesa dun xeito ameno e comprensible, que esperte entre a población infantil, en idades que comprenden a Educación Primaria, dos 6 aos 12 anos, o interese polo patrimonio que os rodea e os oficios vencellados a el.Nesta ocasión, o material preséntase en arquivos PDF descargables para facilitar a manipulación, interacción e impresión, favorecendo chegar ao maior número de nenos, independientemente da súa ubicación ou das posibilidades que teñan de desprazamento aos bens ou paisaxes analizados neste proxecto, facendo fincapé na inclusión social.

As dúas propostas plantexadas como material didáctico fan referencia aos seguintes inmobles ou paisaxes industriais:

PORTO DA CIDADE DA CORUÑA – A organización do porto da cidade da Coruña, explicando o seu emprazamento dentro do urbanismo da cidade, o seu funcionamento,  a distribución de tarefas que se levan a cabo, o tipo de embarcacións que atracan nel e as diversas mercadorías que se distribúen desde assúas instalacións.

MUÍÑOS DE MAREAS – Os muíños de mareas, dos que hai varios exemplos na costa da provincia coruñesa, dos que se explica a súa dependencia da oscilación das mareas, o seu mecanismo de funcionamento e qué tipo de produtos fabricaban.