01 CARLOS QUINTÁNS
02 DAVID GARCÍA–LOUZAO
03 ÓSCAR FUERTES
04 JUAN CREUS
05 ELISA GALLEGO
︎︎︎
O patrimonio industrial que se constituiu ao longo do tempo na liña de costa da provincia da Coruña serve como punto de partida para reflexionar sobre a súa evolución, a súa transformación, o seu abandono e a súa reconversión, así como sobre o seu impacto no territorio no que se ubica, tanto desde o punto de vista arquitectónico, como de intervención, modelación e impacto na paisaxe.
A través destas conversas, que forman parte do proxecto de Arquitectura Límite, desenvolvido en colaboración coa Deputación da Coruña e a Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, arquitectos e expertos en etnografía afondarán nas distintas tipoloxías de patrimonio industrial que se atopan na costa coruñesa, que papel xogan na definición do territorio e o modo no que estas interactúan coa paisaxe.
A través destas conversas, que forman parte do proxecto de Arquitectura Límite, desenvolvido en colaboración coa Deputación da Coruña e a Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, arquitectos e expertos en etnografía afondarán nas distintas tipoloxías de patrimonio industrial que se atopan na costa coruñesa, que papel xogan na definición do territorio e o modo no que estas interactúan coa paisaxe.
01.
CARLOS QUINTÁNS
DEBUXANDO O LÍMITE.
Arquitecto e docente na Escola de Arquitectura da Coruña, no departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e aeronáuticas, Quintáns obtivo múltiples galardóns ao longo da súa carreira profesional, entre eles o León de Ouro da Bienal de Arquitectura de Venecia 2016, o Premio COAG ou o Premio FAD, na categoría de Arquitectura. Así mesmo, ten colaborado e codirixido publicacións coma Tectónica, Tectónicablog, Arquitecturaymadera ou Obradoiro, ao tempo que participa en varias mostras colectivas.
02.
DAVID GARCÍA-LOUZAO
ARQUITECTURAS BATENTES.
A ARQUITECTURA COMO MEDIACIÓN
NO LÍMITE CO MAR.
Arquitecto e investigador, García-Louzao colabora como docente en relación a estratexias de innovación e formación no ámbito da difusión da ensinaza arquitectónica. A día de hoxe, está en fase de investigación doutoral na Universidade Politécnica de Madrid abordando as arquitecturas que se aproveitan das características orográficas da costa galega para fins industriais e produtivos.
03.
ÓSCAR FUERTES
A ARQUITECTURA DOS OFICIOS DO MAR.
O PATRIMONIO MÁRITIMO DO LITORAL GALEGO.
Profesor do departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña, Fuertes Dopico doutorouse coa tese titulada A carpintería de ribeira en Galicia. A recuperación das súas arquitecturas. A súa liña investigadora céntrase no patrimonio marítimo, que compaxina coa súa labor como arquitecto e como comisario de distintas mostras sobre a materia.
04.
JUAN CREUS
NIN SAGRADO, NIN SALVAXE.
Juan Creus é doutor arquitecto e profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo. Co-director das revistas 0 Monografías e Resina, tamén forma parte da Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega. Co estudio Creus&Carrasco gañou diversos concursos internacionais e nacionais, destacando no ámbito da construción relacionada co mar as remodelacións do porto de Malpica ou o deseño da lonxa de Fisterra. Cabe engadir que ten dirixido varios proxectos de investigación sobre a arquitectura e a súa integración na paisaxe do bordo litoral marítimo.
05.
ELISA GALLEGO
UN TERRITORIO SIN FRONTEIRAS.
UN TERRITORIO DE REFERENCIAS.
Doutora en Arquitectura coa tese internacional Lectura dun territorio atlántico, Galicia pola ETSAM e máster en fotografía pola School of Visual Arts de Nova York. Investiga estratexias territoriais para construir os termos da relación que existen coa comunidade a través da mistura de lenguaxes e disciplinas. Ten participado como docente en numerosos obradoiros e publicado a nivel internacional sobre arquitectura, fotografía e desenvolvemento do territorio. É socio-colaboradora do estudio de arquitectura de Manuel Gallego Jorreto na Coruña.