CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS
NO BORDO LITORAL



Info.


O proxecto Arquitectura Límite revisa e debate sobre o potencial do patrimonio arquitectónico industrial e as paisaxes industriais situados ao longo da costa da provincia da Coruña. Para tal fin, preséntase un inventario xeral de bens, do que se destaca unha escolma con exemplos presentados mediante fotografías e un pequeno análise de cada un, así como a realización de composicións en 3D que axuden a comprender mellor a súa estrutura e a súa adecuación á contorna.

O obxectivo de resaltar esta selección de inmobles é facer fincapé na súa singularidade; no seu valor histórico e arquitectónico e na importancia da súa conservación e difusión, contribuindo a evitar o seu deterioro ou desaparición. A toma de fotografías cun vehículo aéreo non tripulado pretende reforzar de xeito visual, cunha estética moi coidada, a idea principal do proxecto, é dicir, afondar no análise das arquitecturas industriais que se sitúan no bordo costeiro, como se axeitan ao territorio, onde o mar o condiciona todo, ao tempo que se ofrece unha perspectiva novedosa de difundir o patrimonio neste tipo de proxectos culturais.  


Fotografías ︎︎︎ David García-Louzao























DESEÑO E CONCEPTO VISUAL: NOVAGARDA










001 CETARIA DE PUNTA SARRIDAL [CEDEIRA]
002 CETARIA DE PUNTA SARRIDAL [2] [CEDEIRA]
003 MUÍÑO DE AUGACAE [ARTEIXO]
004 MUÍÑOS DA RIBEIRA [MALPICA]
005 ESPIGÓN DE CAMELLE [CAMARIÑAS]
006 SALGADEIRA DE CAMELLE [CAMARIÑAS]
007 CONSTRUCIÓN ACUÍCOLA DE PUNTA VILLUEIRA [CAMARIÑAS]
008 ESTALEIRO E DIQUE SECO ABEIJÓN HERMANOS [OUTES]
009 FACTORÍA DE CANELIÑAS [CEE]
010 CASETA DE PESCADORES CALDEBARCOS [CARNOTA]
011 FÁBRICA DOS TRES PICOS [MUROS]
012 CETARIA DE BARIZO [MALPICA]
013 SALGADEIRA DO PINDO [CARNOTA]
014 SALGADEIRA DE CALDEBARCOS [CARNOTA]
015 PISCIFACTORÍA DE SERÁNS [PORTO DO SON]
016 SALGADEIRA DA LAXEIRA [MUROS]
017 ESPIGÓN DE ESPASANTE [ORTIGUEIRA]
018 MUÍÑOS DE BARES [MAÑÓN]
019 SALGADEIRA E PORTO DE TAL [MUROS]
020 ESTALEIRO DE CIPRIANO DOMÍNGUEZ [OUTES]
021 SALGADEIRA DE QUILMAS [CARNOTA]
022 MUÍÑO DE VENTO DO CASUCO OU DE STA. CATALINA [MUROS]
023 CONSTRUCIÓN DE BATEAS EN TRIÑÁNS [BOIRO]
024 PARCELAS DE AMEIXA DE O FREIXO DE SABARDES [OUTES]
025 ESTALEIRO DE AGUIÑO [RIBEIRA]
026 CONSTRUCIÓN ACUÍCOLA DE PORTOMOURO [BOIRO]
027 PISCIFACTORÍA PALMEIRA STOLT SEA FARM [RIBEIRA]
028 MUÍÑOS DO MONTE PINDO [CARNOTA]
029 CONSTRUCIÓN ACUÍCOLA EN BROÑA [OUTES]
030 CETGA DE PUNTA COUSO [RIBEIRA]
031 ESTALEIRO TRIÑANES [BOIRO]
032 PEIRAO DE AREA BASTA [RIBEIRA]
033 DEPURADORA DE MOLUSCOS DE AGUIÑO [RIBEIRA]
034 ESTALEIRO DA BARQUIÑA [OUTES]
035 ANTIGOS TALLERES ACO [NOIA]
036 SECADOIRO DE CONGROS [MUXÍA]
037 ANTIGA CETARIA [CARIÑO]

038 MUÍÑO DE MAREAS DE POL [ORTIGUEIRA]

















︎︎︎