MUÍÑO DE MAREAS DE POL
[ORTIGUEIRA]
Datado na primeira década do século XX e situado na ría de Ortigueira, o Muíño de mareas de Pol foi o derradeiro en construirse en Galicia. Estas infraestruturas eran de gran utilidade durante os meses estivais, xa que descendía o caudal das correntes fluviais e os muíños de ríio incluso cesaban na súa actividade. Os de mar dependían da pleamar para traballar, pero podíano facer durante todo o ano. Con estruturas rectangulares, cubertas a dúas augas, no interior albergábanse varias moas. No exterior completábase a infraestrutura cunha presa na que almacenar a auga durante a pleamar para despois canalizala para aproveitas a súa enerxía. Este muíño adicouse á fabricación de fariñas de trigo e millo.