2
RÍA DE FERROL
PATRIMONIO
INDUSTRIAL
A xeografía da comarca de Ferrol fai da súa ría un enclave marítimo único que ao longo dos séculos foi obxecto de atencións por parte da administración do estado. Desde tempos de Felipe II empregouse o recollido porto como base para a Armada Real, aínda que sería Felipe V, no século XVIII, o que designaría á cidade como capital do Departamento Martítimo do Norte, creando un arsenal e un estaleiro ata converterse na primeira metade do século XVIII nun importante centro de construción de barcos para a Armada, dando lugar ao Ferrol da Ilustración.
A día de hoxe, o de Ferrol é o único porto que conserva a súa estrutura e os seus edificios orixinais desde o século XVIII e foi naquela época a maior base naval de toda Europa, o que propiciará que se estea a traballar na súa candidatura para que sexa declarado Patrimonio Mundial.
Ferrol e os concellos que se abren á súa ría conforman un entorno que desde o século XVIII desenvolveuse como un importante centro industrial vencellado á construción naval, que continúa a día de hoxe. Á cidade, como capital do Departamento do Norte de España, tiña como competencias fomentar a mariña mercante, controlar os seus portos e augas territoriais, proxectándose cara o Mar Cantábrico, o Océano Atlántico Norte e as rutas de América.
Coa chegada a mediados do século XVIII do novo rei, o que sería Carlos III, continúase unha corrente transformadora comezada polo seu irmá e predecesor Fernando VI, na que se pretende que España deixe atrás o seu atraso económico. Será daquela cando os arquitectos e os enxeñeiros militares acaden gran protagonismo na transformación urbanística e industrial de distintas cidades españolas, aparecendo así as fábricas reais, poboados de colonización ou arsenais.
O urbanismo adáptase ás novas necesidades, ordénase con apertura de prazas, paseos ou alamedas e rúas en retículas ortogonais. O comercio, a actividade portuaria e a industrial marcan o desenvolvemento urbán, nacendo así os ensanches que rompen cos núcleos existentes, apostando por arquitecturas de corte racionalista e clasicista.
Ferrol será por tanto, un modelo perfecto da cidade naval que se impulsou no século XVIII por parte da administración do estado, integrando novas técnicas de construción, ideas académicas ilustradas e elementos coma os arsenais militares e civís, as rúas distribuidas mediante os espazos que configuran as prazas, as defensas costeiras, exemplificadas no Castelo de San Felipe, e o porto natural que contribúe a facer da ría ferrolá un entorno único.
Pódese dicir que os arsenais, tanto o militar coma o civil, servindo esta última como apoio loxístico aos buques mercantes, propiciaron que Ferrol medrase e se convertira nunha cidade que obedeceu a uns plans urbanísticos ilustrados. Trátase dun complexo composto por diferentes diques de abrigo e de carenar, almacéns, sala de armas, peiraos, baterías defensivas, diques secos, fosos, cuarteis, alxibes, dársenas e diversas infraestruturas.
Este gran recinto albergou desde o século XVIII funcións militares e industriais. O aceso faise por dúas portas de carácter monumental, polas que se entra ao Arsenal dos Diques e ao Arsenal do Parque. Unha vez no interior, atopamos destacados inmobles, como a Sala de Armas, o Cuartel de Instrución ou a Biblioteca.
Ésta comparte o Edificio de Herrerías co Museo da Construción Naval. Éste é o maior museo de Europa adicado a esta temática, ubícase nunha construción industrial do XVIII na que se ubicaron as forxas e os obradoiros de fundición onde se facían distintas partes dos barcos ou as áncoras, para pasar a ser sede da Escola de Maquinistas da Armada e almacén.
Neste centro poderemos facer un percorrido pola evolución das técnicas de construción de barcos ao longo dos séculos, aprendendo dos fitos que marcaron esta actividade na Historia de España. Nas súas salas expositivas, a técnoloxía permite coñecer máis sobre a construción de estructuras navais, os sistemas de propulsión,os materiais que se empregaban nelas ou os estaleiros onde se levantaban.
No edificio do Presidio de San Campio ubícase o Museo Naval, onde se fai un percorrido pola estreita relación entre a cidade e a historia marítima española. Cabe destacar a conservación nas súas salas de parte do casco da fragata Santa María Magdalena, botada en Ferrol en 1773, así como de instrumentos náuticos e outros obxectos e fragmentos dos navíos Nuestra Señora del Pilar, San Juan Nepomuceno ou do galeón San Gerónimo.
No percorrido polo arsenal reclamará a vosa atención a que foi considerada mellor obra hidráulica do século XIX en España, o coñecido como Dique da Campá ou de San Xulián, con 133 metros de eslora, 27 de manga e 10 de calado. Feito en cantería, é unha estrutura cóncava empregada para o reparado e carenado de buques da época e que hoxe en día continúa activo, sinal da calidade do deseño e materiais coa que foi levantado.
Continuando, chamaránvos a atención as dimensións da Sala de Armas e dos almacéns porticados, que seguen deseños clasicistas de gusto doutras cidades marítimas europeas como Burdeos, Lisboa ou Plymouth.
O corazón urbano de ferrol sitúase no barrio da Madalena, distribuido entorno a dúas prazas: Amboage e Armas. Ao seu redor atopamos a retícula de rúas ortogonais que conforman o urbanismo ilustrado que se remonta ao século XVIII, completando a construción do arsenal e o estaleiro reais. As galerías acristaladas que fechan as fachadas dos edificios, destinados á clase burguesa, inspiráronse nas popas dos barcos. A casa consistorial, o Mercado da Madalena, a Concatedral de San Xulián, o Teatro Jofre ou o edificio da Pescadería, ademáis de numerosas tendas e locais de hostalería atópanse neste entramado que vos animavos a percorrer.
Non vos perdades:
︎ Castelos de San Felipe e A Palma:
Ambas construcións, o primeiro situado en territorio ferrolá e o segundo no veciño Mugardos, xunto co desparecido castelo de San Martiño convertiron a ría ferrolá nun espazo inexpugnable para os ataques enimigos tanto por mar coma por terra. As súas construcións remóntanse á época de Felipe II, aínda que sufriron remodelacións ao longo das centurias. Ambos dispoñen de servizo de visitas guiades, non deixedes pasar a ocasión de visitalos. Estes complexos defensivos complétanse con outras baterías estratéxicamente dispostas na ensenada, como a do Polvorín, a de Viñas, a de Cariño ou a de San Carlos, algunas das que hoxe en día aínda se poden visitar.
︎ Navantia:
Cunha historia de máis de trescentos anos e unha superficie dun millón de metros cadrados, o actual estaleiro de Navantia, que tivo diversos nomes ao longo dos anos, é un referente internacional no deseño e construción de buques militares, así coma na reparación e modernización de mercantes e militares. Nas súas instalacións, con cita previa, poderedes visitar unha exposición permanente na que se recolle en fotografías a evolución histórica da empresa, así como obxectos e mobiliario dos almacéns e oficinas.
︎ Ferrol. Patrimonio mundial:
Desde o Concello de Ferrol e desde a Xunta de Galicia estase a traballar para impulsar a candidatura de Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial na que se busca este recoñecemento por parte da UNESCO, ao tratarse dun enclave único en Europa no que o porto natural, o barrio da Madalena e os arsenais civil e militar configuran un urbanismo que se conserva desde o século XVIII, mantendo a integridade e autenticidad xa que a pesar do seu continuo uso non sufriu perdas nin destrucción dos elementos que o conforman.
Non vos esquezades de consultar as seguintes webs para programar as visitas aos distintos enclaves, xa que a maior parte destes complexos requiren reserva previa para poder acceder a eles:
︎ Turismo de Ferrol:
https://visitferrol.com/
︎ Turismo de Mugardos:
https://turismo.dacoruna.gal/es/descubre/oficina-de-informacion/oficina-de-turismo-de-mugardos
︎Museo Naval de Ferrol: https://armada.defensa.gob.es/ArmadaPortal/page/Portal/ArmadaEspannola/cienciaorgano/prefLang-es/01cienciamuseo--08museosfiliales--03museoferrol--00inicio
︎ Museo da Construción Naval de Ferrol:
https://www.exponav.org/
︎Navantia:
https://www.navantia.es/es/