1
MUÍÑOS
DE MAREAS
O aproveitamento das forzas naturais para a industria ten ofrecido moitas posibilidades en Galicia ao longo dos séculos. Os fortes ventos que se rexistran na costa favoreceron a construción de muíños de vento e a abundancia de correntes naturais, unida a un sistema de propiedade tan fragmentado, fai posible a existencia dun altísimo número de pequenos muíños emplazados en ríos e regatos.
Os 1.200 kilómetros de costa, recortada na súa meirande parte en rías, favorece a formación de ensenadas. A esto hai que engadir que o rango de mareas é de arredor de tres metros, o que fai que as condicións físicas para o emplazamento de muíños de mareas sexan as adecuadas.
Estes muíños, hoxe en desuso, eran moi últiles en época estival, xa que completaban a actividade dos muíños de río, cando notaban a diminución no caudal fluvial. Aínda que so se podía moer dúas veces ao día, actividade condicionada polas mareas, foron abundantes este tipo de construcións ao longo de toda a costa galega, conservándose algúns exemplos, dos cales hai exemplos recuperados e restaurados co fin de conservar o patrimonio industrial.
Estas construcións estaban adicadas a fabricar fariñas tras moer graus de diversos cereais como millo ou trigo, e o funcionamento das pedras de moer activávase por un mecanismo impulsado pola enerxía hidráulica. Para esto, tiñan anexas unhas presas nas que se almacenaba a auga durante a pleamar para despois canalizarse ata as moas que, friccionando entre sí, moían os grans con distinto gramaxe, dependendo se o destino era de consumo humán ou animal, sendo o primeiro moito máis fino.
Na provincia da Coruña hai varios exemplos destes muíños, polo que propoñemos agrupalos nunha ruta, comezando no Concello de Ortigueira e rematando no de Muros.
En Ortigueira consérvase o Muíño de mareas de Pol ou Muíño do Mar, situado na ensenada de Santa Marta, onde desauga o río Maior. Segundo a documentación, foi este o derradeiro muíño de mareas que se construíu en Galicia entre 1905 e 1910, promovido por José Linos, un emigrante ortegano retornado de Cuba. Son sete os arcos que permiten a circulación da auga da presa para poñer o mecanismo en funcionamento e dúas as plantas das que se compón o edificio de planta rectangular. Adicado a fabricar fariña, o seu abandono definitivo produciuse sobre 1970, despois de que na década dos anos 40 as obras ferroviarias da liña Ferrol-Xixón modificasen a dinámica das augas interiores facendo a corrente máis lenta. Hoxe en día é visitable no exterior.
Continuando o noso percorrido chegaremos á localidade de Narón, onde en 1785 o vicecónsul de Francia, Santiago Beaujardin, asociouse con Juan Lembeie, tamén de orixe francés, para levantar a Real Fábrica de Fariñas do Ponto de Xuvia ou Muíño das Aceñas, nome este último que facía referencia a uns terreos que pertencían ao Mosteiro do Couto. A Mariña española concedeu o permiso desta construción, á que se sumaba a de edificar un almacén, unha casa, unha horta e outros edificios que foran precisos.
Situado no estuario que conforman os ríos Freixeiro e Pereiro, este complexo conta coa maior presa de España, con 50.000 metros cúbicos de capacidade, para este tipo de muíños e é o maior de Galicia, abastecía de fariña principalmente a Ferrol, onde se asentaba desde mediados do século XVIII unha importante industria vinculada aos arsenais e estaleiros reais. Os cereais procedían de portos como os de Filadelfia, Hamburgo, San Petersburgo, Londres ou Ámsterdam.
O ocaso final produciuse na década dos anos 60 do pasado século, pero hoxe en día pódese visitar exteriormente o complexo formado por unha presa, tres muíños, almacéns, armadoiros, vivenda e casa de recreo. É un lugar perfecto para dar un paseo á beira do río.
A seguinte parada farémola na parroquia de San Martiño do Porto do Concello de Cabanas. Alí, na Ensenada do Lapido, na ría de Ares, levántanse os restos do Muíño de Riocastro. Este, coma o anterior, adicaba a súa actividade a abastecer Ferrol, que se constituira nun importante centro industrial.
Aínda que non hai datos concretos, pénsase que foi construido no século XVIII, pero o enclave elexido favoreceu a sedimentación das areas no estanque, o que propiciou que a día de hoxe estea enterrado. Sábese que desde el se comercializou fariña de trigo e de centeo, con distribución local e comarcal.
O Muíño de Acea da Ama, no Concello de Culleredo, é un dos máis antigos dos que se teñen constancia en Galicia, xa que hai novas sobre él xa no século XII, cando o rei Fernando II doa as aceas ao Mosteiro de Sobrado. Será a metade do século XVI cando se constrúan as edificacións que chegarían ata hoxe en día: muíño, dependencias anexas, vivendas e unha presa, moi alterada debido ao paso da vía ferroviaria.
De planta rectangular, a estructura do muíño ten tres alturas, situándose na baixa os tres arcos que daban entrada á auga que facían funcionar os disintos muíños, cuxo número se viu alterado co paso dos anos. Está documentado o esplendor que viviu na Idade Media a localidade de Burgo de Faro, enclave onde se levantan estes muíños, e a importancia da actividade dos mesmos para abastecer á veciñanza e incluso aos navíos que viaxaban a América.
Situado no Camiño Inglés, este complexo actualmente é visitable, xa que actualmente está restaurado e alberga o Museo dos Muíños de Acea da Ama.
O último muíño de mareas que vos invitamos a coñecer neste percorrido é o Muíño do Pozo Cachón ou Muíño de Mareas de Muros, situado na ensenada da localidade. Mandouno edificar en 1815 Ignacio Pérez Bazarra, veciño da localidade que emigrara a América, nuns terreos que lle cedera o gremio de mareantes.
O tamaño do edificio que alberga os muíños, o seu bo estado de conservación e o tamaño do dique que axudaba a almacenar a auga, de máis de 230 metros de lonxitude, fan deste exemplo un dos máis importantes da Península Ibérica. Unha vez que se deixou de empregar para a fabricación de fariña de millo, instalouse no edificio a comezos do século XX unha casa de baños chamada Santa Rita para tratamentos con auga mariña e algas.
Podedes visitar este conxunto no exterior e no interior, xa que está restaurado como centro cultural e é de propiedade municipal.