ESTALEIRO TRIÑANES
[BOIRO]
Con máis de mil kilómetros de costa, en Galicia desenvólvense desde fai séculos múltiples oficios vinculados á explotación dos recursos marítimos. Os carpinteiros de ribeira construiron e constrúen, como se segue a facer en Estaleiros Triñanes, embarcacións de madeira para a pesca de baixura. O levantamento deste tipo de estaleiros artesanais ten a súa orixe na segunda metade do século XIX, aínda que foi a partir de 1940 cando se aprobaron máis licencias administrativas, proliferando este tipo de instalacións. En Estaleiros Triñanes, ademáis de continuar con labores de construción e reparación, contribúen á recuperación do patrimonio marítimo perpetuando o oficio de carpinteiro e restaurando embarcacións tradicionais non contaminantes, favorecendo a protección do medio ambiente e a acuicultura.