ESTALEIRO DE AGUIÑO
[RIBEIRA]
Fundado en 1970, este estaleiro foi dos primeiros en instalar carro varadoiro para levar a cabo as súas actividades, entre as que se atopan o pintado de embarcacións, a construción de túneles de conxelación e neveiras, o servizo de caldirería, as reparacións de carpintería de ribeira e a restauración de embarcacións antigas. Situado entre a praia do Robalo e o porto de Aguiño, nunha enseada protexida grazas á presenza de tres diques de abrigo, a nave cuberta, que alberga almacén e taller, complétase coa rampa con carrís para varar as embarcacións de maiores dimensións.