CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS
NO BORDO LITORAL



Info.


O proxecto Arquitectura Límite revisa e debate sobre o potencial do patrimonio arquitectónico industrial e as paisaxes industriais situados ao longo da costa da provincia da Coruña. Para tal fin, preséntase un inventario xeral de bens, do que se destaca unha escolma con exemplos presentados mediante fotografías e un pequeno análise de cada un, así como a realización de composicións en 3D que axuden a comprender mellor a súa estrutura e a súa adecuación á contorna.

O obxectivo de resaltar esta selección de inmobles é facer fincapé na súa singularidade; no seu valor histórico e arquitectónico e na importancia da súa conservación e difusión, contribuindo a evitar o seu deterioro ou desaparición. A toma de fotografías cun vehículo aéreo non tripulado pretende reforzar de xeito visual, cunha estética moi coidada, a idea principal do proxecto, é dicir, afondar no análise das arquitecturas industriais que se sitúan no bordo costeiro, como se axeitan ao territorio, onde o mar o condiciona todo, ao tempo que se ofrece unha perspectiva novedosa de difundir o patrimonio neste tipo de proxectos culturais.  


Fotografías ︎︎︎ David García-Louzao























DESEÑO E CONCEPTO VISUAL: NOVAGARDA















PARCELAS DE AMEIXA DE O FREIXO DE SABARDES
[OUTES]

O cultivo de ameixa de xeito tradicional segue a facerse por toda a costa galega desde fai  uns cinco séculos en parcelas de areal, agrupadas en parques máis extensos, que precisan dun coidado continuo cunha labor de arado que favoreza a osixenación e a eliminación de algas. Os bivalvos seméntanse a distintas profundiades para que obteñan todos os beneficios das correntes de auga. Unha vez acadan o tamaño indicado para o consumo, rastríllanse para a súa recoleción a pé ou desde unha embarcación, se a cantidade a recoller é grande. Este tipo de cultivo dase en praias máis resgardadas, con ausencia de pendente e moi accesibles, con especial atención á acción das mareas. As parcelas, como as que se observan na imaxe, cércanse con estacas de madeira ou tubos metálicos que se enterran para facilitar a colocación de mallas que alonxen aos depredadores, como os cangrexos.