SALGADEIRA DE QUILMAS
[CARNOTA]
O porto de Quilmas conserva vestixios dunha antiga salgadeira, actividade moi relevante tamén noutros enclaves do Concello de Carnota, como O Pindo e Portocubelo. Na contorna da praia de Quilmas documentáronse ata cinco instalacións deste tipo, das que hoxe quedan en pé parte dos muros da que foi construida no primeiro terzo do século XIX. Este tipo de factorías tiñan un uso estacional, segundo os períodos de marisqueo e as mareas de pesca. Esta industria evolucionou desde adicarse nun comezo ao salgado de peixe, principalmente sardiña, á produción de conservas nos anos centrais do pasado século, pouco antes de pechar. O conxunto arquitectónico compoñíase dun almacén de salga, con lagares para os peixes e a parte do prensado; dun obradoiro de carpintería e outro para gardar o sal; así como de depósitos para gardar a graxa extraída do peixe e unha vivenda para o encargado da fábrica.