SALGADEIRA E PORTO DE TAL
[MUROS]
Datada no terceiro terzo do século XIX, nesta factoría traballouse fundamentalmente o salgado da sardiña ata mediados do século XX, cando cesou a súa actividade. Situada á beria da praia de Cabanas, as imaxes tomadas con drone permítennos coñecer a disposición destas industrias. O edificio destinado á salga, de planta baixa e cadrada, hoxe en estado ruinoso, posúe no centro un espazo distribuidor, chamado claro, polo que entraba a luz. Nos laterais situábanse os lagares onde se salgaba o peixe, tamén coñecidos como chanca, e os almacéns onde se prensaba, denominado morto. Esta estrutura principal podíase completar con obradoiros de carpintería ou de encascar, onde se impermeabilizaban as redes. Era habitual que o encargado da fábrica tivese unha vivenda anexa ou próxima, como se observa neste caso. Estas instalacións situábanse nas contornas das praias ou enseadas, construído rampas ou diques para facilitar as descargas da pesca e de mercadorías.