MUÍÑOS DE BARES
[MAÑÓN]
Agrupación de muíños de río situados na pendente do cantil para aproveitar a forza producida polo descenso dunha corrente fluvial cara o mar. Os paramentos están feitos de cachotaría e das cubertas con estrutura de madeira apenas se conservan restos. A planta dos edificios é rectangular e están encadeados entre sí polas canles que conducían a auga cara o seu interior para mover a moa. Estas canalizacións, de escasa anchura, delimítanse por laxes planas, do mesmo tipo que as que cubrían o tellado, dispostas en vertical e solapadas entre sí para evitar fugas. No extremo que se introduce en cada muíño presenta unha cubrición pétrea para evitar que a auga desborde debido á forza coa que discorre.