CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS
NO BORDO LITORAL



Info.


O proxecto Arquitectura Límite revisa e debate sobre o potencial do patrimonio arquitectónico industrial e as paisaxes industriais situados ao longo da costa da provincia da Coruña. Para tal fin, preséntase un inventario xeral de bens, do que se destaca unha escolma con exemplos presentados mediante fotografías e un pequeno análise de cada un, así como a realización de composicións en 3D que axuden a comprender mellor a súa estrutura e a súa adecuación á contorna.

O obxectivo de resaltar esta selección de inmobles é facer fincapé na súa singularidade; no seu valor histórico e arquitectónico e na importancia da súa conservación e difusión, contribuindo a evitar o seu deterioro ou desaparición. A toma de fotografías cun vehículo aéreo non tripulado pretende reforzar de xeito visual, cunha estética moi coidada, a idea principal do proxecto, é dicir, afondar no análise das arquitecturas industriais que se sitúan no bordo costeiro, como se axeitan ao territorio, onde o mar o condiciona todo, ao tempo que se ofrece unha perspectiva novedosa de difundir o patrimonio neste tipo de proxectos culturais.  


Fotografías ︎︎︎ David García-Louzao























DESEÑO E CONCEPTO VISUAL: NOVAGARDA















SALGADEIRA DE CALDEBARCOS
[CARNOTA]

Xunto coas salgadeiras de Portocubelo e Quilmas, a de Caldebarcos é unha das máis representativas desta actividade no Concello de Carnota. Na imaxe obsérvase a distribución interior do edificio principal, de planta baixa e rectangular, onde se aprecian os lagares para o procesado do peixe, nesta zona principalmente a sardiña. tamén se observa, delimitado por pilares, o espazo centra que permitía a entrada de luz ao recinto. Situada no bordo da praia, como é habitual nestas construcións para facilitar a entrada da mercadoría, na contorna observamos as tradicionais casetas de pescadores que servían para protexer as embarcacións, o aparello, impermeabilizar as redes e dar apoio puntual a estas factorías.