CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS
NO BORDO LITORAL



Info.


O proxecto Arquitectura Límite revisa e debate sobre o potencial do patrimonio arquitectónico industrial e as paisaxes industriais situados ao longo da costa da provincia da Coruña. Para tal fin, preséntase un inventario xeral de bens, do que se destaca unha escolma con exemplos presentados mediante fotografías e un pequeno análise de cada un, así como a realización de composicións en 3D que axuden a comprender mellor a súa estrutura e a súa adecuación á contorna.

O obxectivo de resaltar esta selección de inmobles é facer fincapé na súa singularidade; no seu valor histórico e arquitectónico e na importancia da súa conservación e difusión, contribuindo a evitar o seu deterioro ou desaparición. A toma de fotografías cun vehículo aéreo non tripulado pretende reforzar de xeito visual, cunha estética moi coidada, a idea principal do proxecto, é dicir, afondar no análise das arquitecturas industriais que se sitúan no bordo costeiro, como se axeitan ao territorio, onde o mar o condiciona todo, ao tempo que se ofrece unha perspectiva novedosa de difundir o patrimonio neste tipo de proxectos culturais.  


Fotografías ︎︎︎ David García-Louzao























DESEÑO E CONCEPTO VISUAL: NOVAGARDA















SALGADEIRA DO PINDO
[CARNOTA]

Desde o século XIX fóronse establecendo instalacións de salga e posteriormente de conservas por toda a liña de costa de Galicia, das que hoxe quedan en estado ruinoso varios exemplos coma o que se mostra nas imaxes. Normalmente, situábanse ao resgardo de enseadas ou á beira das praias, para facilitar mediante rampas ou peiraos a descarga do peixe desde as embarcacións. Os edificios destinados ás actividades de transformación da sardiña, principalmente, eran de planta baixa cadrada ou rectangular, cun espazo distribuidor no centro, que facilitaba a entrada da luz. Nos laterais situábanse os lagares de salgar e os almacéns onde se manufacturaba a mercadoría. Próximo ou anexo ao edificio principal soíase situar a vivenda do capataz da fábrica.