FÁBRICA DOS TRES PICOS
[MUROS]
A ría de Muros e Noia ven sendo un punto estratéxico para a industria pesqueira galega desde a Idade Media, pero será a finais do século XVIII cando comecen a proliferar as fábricas de salazón, principalmente adicadas á sardiña, e, posteriormente, as conserveiras, que constribuirán a reestruturar o texido económico da comarca, dotándose dunha man de obra fundamentalmente feminina. Os restos da Fábrica dos Tres Picos, en referencia ao perfil do fronte que da á ría, son exemplo da proliferación destas instalacións. Cun interior diáfano e muros combinando granito e cachotaría, esta factoría, datada en 1920, estaba destinada ao envasado de bivalvos, sardiña, xarda e xurelo, aínda que nunca chegaría a funcionar.