CASETA DE PESCADORES DE CALDEBARCOS
[CARNOTA]
As casetas de pescadores levantáronse como almacéns de instrumentos de pesca e das embarcacións, ao tempo que tamén se usaron como pequenas factorías nas que se se impermeabilizaban as redes cocéndoas en caldeiras de encascar con resina da casca das árbores. Estas construcións servían de apoio ás salgadeiras que había por toda a costa galega. No caso de Carnota, edificáronse en pedra, o que facilitou a súa permanencia ata hoxe. O conxunto de Caldebarcos componse de casetas individuais ou adosadas, de entre 30 e 35 metros cadrados, de aparello de pedra labrada e cuberta a unha ou dúas augas. Algunhas conservan a súa función orixinal, outras consérvanse como exemplos patrimoniais e outras rehabilitáronse como hospedaxes turísticos.