CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS
NO BORDO LITORAL



Info.


O proxecto Arquitectura Límite revisa e debate sobre o potencial do patrimonio arquitectónico industrial e as paisaxes industriais situados ao longo da costa da provincia da Coruña. Para tal fin, preséntase un inventario xeral de bens, do que se destaca unha escolma con exemplos presentados mediante fotografías e un pequeno análise de cada un, así como a realización de composicións en 3D que axuden a comprender mellor a súa estrutura e a súa adecuación á contorna.

O obxectivo de resaltar esta selección de inmobles é facer fincapé na súa singularidade; no seu valor histórico e arquitectónico e na importancia da súa conservación e difusión, contribuindo a evitar o seu deterioro ou desaparición. A toma de fotografías cun vehículo aéreo non tripulado pretende reforzar de xeito visual, cunha estética moi coidada, a idea principal do proxecto, é dicir, afondar no análise das arquitecturas industriais que se sitúan no bordo costeiro, como se axeitan ao territorio, onde o mar o condiciona todo, ao tempo que se ofrece unha perspectiva novedosa de difundir o patrimonio neste tipo de proxectos culturais.  


Fotografías ︎︎︎ David García-Louzao























DESEÑO E CONCEPTO VISUAL: NOVAGARDA















FACTORÍA DE CANELIÑAS
[CEE]

Esta factoría data da primeira metade dos anos 20 do século XX, aínda que trinta anos máis tarde renováronse as instalacións, e estivo en funcionamento ata 1985. Destaca no conxunto a rampa na que se descargaban os cetáceos arrastrados ata a costa por barcos baleeiros para despezalos. Destes mamíferos aproveitabase, entre outras cousas, a graxa que se convertía en aceite ou os ósos e partes da carne transformados en fariña, O comercio da carne soía abarcar o ámbito local e o norte de España, mentras que outros produtos como os aceites exportábanse a diversos países europeos. Neste tipo de factorías levábanse a cabo diversos oficios como o de carpinteiro, o de despezador, o de tallador, reservado principalmente a mulleres, ou o de operario de taller. Actualmente, as naves atópanse en estado ruinoso.