SALGADERIA DE CAMELLE
[CAMARIÑAS]
Especializada no tratamento da sardiña e o congro, esta salgadeira data de finais do século XIX, época na que varios empresarios cataláns se asentaron na costa galega para modernizar os procesos de produción de salgado e conserva. O seu funcionamento cesou no segundo terzo da centuria pasada. De planta baixa e rectangular, a través das imaxes apreciamos os tres espazos destinados ás distintas fases do proceso de salgado, destacando os lagares onde se almacenaba o peixe. A situación no bordo do litoral facilitaba a descarga da pesca.