CETARIA DE PUNTA SARRIDAL [2]
[CEDEIRA]
Nos extremos da praia de Soneiras sitúanse as infraestruturas empregadas como cetarias, dúas a cada lado. En Punta Sarridal obsérvanse unha das parellas, que aproveitando a orografía do lugar, con dous entrantes profundos entre as rochas, pechan os laterais abertos, permitindo que o fluxo das mareas abasteza os tanques e se renove a auga constantemente. Nun dos espazos consérvase unha estrutura de madeira reticular que puido estar cuberta no seu día. Estas instalacións datan de mediados do século XX e empregáronse para conservar marisco tras a súa pesca para comercializar a nivel nacional.